07:54 - 29/01/2012
Consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible
Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
DECRETO 60/2009, DO 26 DE FEBREIRO, SOBRE SOLOS POTENCIALMENTE CONTAMINADOS E PROCEDEMENTO PARA A DECLARACIÓN DE SOLOS CONTAMINADOS.
Guía de niveis xenéricos de referencia de metais pesados e outros elementos traza en solos de Galicia.
Descargar a Guía en Galego, Castellano
Os usuarios poderán continuar elaborando os IPSs con esta aplicación de escritorio e enviar os informes.
O solo é un medio receptor da contaminación moi sensible e vulnerable. Esta contaminación representa un serio risco para a saúde humana e os ecosistemas. Historicamente, os estudos de detección da contaminación e as intervencións de prevención centráronse en diferentes áreas do medio, sen ter en consideración o solo como receptor e transmisor da contaminación. Isto débese tanto á complexidade do seu estudo como ao retardo existente na manifestación dos seus efectos.
A primeira norma legal que permitiu unha protección da calidade dos solos foi a Lei 10/1998, de 21 de abril, de residuos. Esta Lei regula os aspectos ambientais dos solos contaminados e faculta ás Comunidades Autónomas para declarar, delimitar e inventariar os solos contaminados, debido á presenza de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana.
O Real decreto 9/2005, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, supón o desenvolvemento normativo da Lei 10/1998 en materia de solos. Como primeira actividade, este real decreto obriga as empresas afectadas á preparación dun informe preliminar de situación.
Os usuarios rexistrados poden premer na ligazón para iniciar sesión e ter acceso ao informe.
Prema na seguinte ligazón para descargar a Guía metodolóxica e técnica para investigación da calidade dos solos de Galicia.
Prema na seguinte ligazón para descargar a Guía de niveis xenéricos de referencia de metais pesados e outros elementos traza en solos de Galicia.
Descargar a Guía en Galego, Castellano