9 de outubro de 2024 18:54:56 CEST | v1.15.0
Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
O solo é un medio receptor da contaminación moi sensible e vulnerable. Esta contaminación representa un serio risco para a saúde humana e os ecosistemas. Historicamente, os estudos de detección da contaminación e as intervencións de prevención centráronse en diferentes áreas do medio, sen ter en consideración o solo como receptor e transmisor da contaminación. Isto débese tanto á complexidade do seu estudo como ao retardo existente na manifestación dos seus efectos.
A primeira norma legal que permitiu unha protección da calidade dos solos foi a Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos. Esta Lei regula os aspectos ambientais dos solos contaminados e faculta as Comunidades Autónomas para declarar, delimitar e inventariar os solos contaminados, debido á presenza de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana.
O Real decreto 9/2005, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, supón o desenvolmento normativo da Lei 10/1998 en materia de solos. Como primeira actividade, este real decreto obriga as empresas afectadas á preparación dun informe preliminar de situación. A data límite para a entrega deste informe é o 7 de febreiro de 2007.
A Lei 10/2008, de 3 de novembro, de residuos de Galicia establece o réxime xurídico xeral de produción e xestión dos residuos, fomentando, por esta orde a súa redución, reutilización, reciclaxe e outras formas de valorización e a regulación dos solos contaminados, co fin de protexer o ambiente e a saúde humana.
O Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados, regula as obrigas de información dos titulares de actividades potencialmente contaminantes do solo e dos seus propietarios, ademais do momento en que a Administración poderá requirir a realización de análises que permitan avaliar o grao de contaminación do solo e valorar detalladamente os riscos que este representa para a saúde humana ou os ecosistemas.
Os usuarios rexistrados poden premer a seguinte ligazón para iniciar a sesión.
A sinatura dixital está inhabilitada actualmente
Prema nas seguintes ligazóns para descargar o Manual do Usuario.
Descargar o Manual do Usuario en galego
Descargar el Manual del Usuario en castellano
Actualizado en xaneiro de 2023
Se é un usuario novo prema a seguinte ligazón para darse de alta.
Nova obriga de pago de taxa para a tramitación de informes Preliminares de Situación e informes de Situación en materia de solos contaminados.
Taxa
Actualizado en xaneiro de 2023
Nota informativa sobre a modificación do Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.
Nota informativa en galego
Nota informativa en castellano
Orden PRA 1080/2017, de 2 de noviembre